Monday 29 de April de 2024

A Agrupación Socialista de Santiago organiza un ciclo de conversas sobre temas de actualidade que afectan á cidadaníaInicio


A realización destas conversas acordouse na última reunión da Comisión Executiva da Agrupación Socialista de Santiago de Compostela

O primeiro dos faladoiros, sobre as consecuencias económicas e sociais derivadas do conflito bélico pola invasión de Ucraína, terá lugar o sábado, 30 de abril, na Casa do Pobo.

O Comité Executivo da Agrupación Socialista de Santiago de Compostela, organizará mensualmente os faladoiros “Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade”, abertos ao público, nos que se abordarán distintas temáticas que están na axenda informativa e que afectan directamente á veciñanza de Santiago.

Así se acordou na reunión da Comisión Executiva da Agrupación Socialista de Santiago de Compostela, na que tamén se consituiu oficialmente o Comité Local. O primeiro destes encontros, sobre a invasión de Ucraína por parte de Rusia e as consecuencias económicas e sociais do conflito bélico, terá lugar o sábado, 30 de abril, ás 12:00 h, e nel participará a secretaria de Estado de Cooperación, Pilar Cancela; e o concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte.

O segunda destas conversas, sobre os fondos europeos Next Generation, está programada para o 19 de maio ás 19:30 h. Está previsto que nela participe o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones. O 15 de xuño, a temática versará sobre os tres anos do actual goberno socialista en Santiago de Compostela. Estarán presentes o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e o seu equipo de goberno. Farán balance dos tres anos de mandato e responderán as preguntas que lles formulen as persoas asistentes.

O tema das “Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade” escollido no mes de setembro é a actual situación economica. Nelas participará Xaquín Fernández Leiceaga, ex-portavoz socialista no Parlamento de Galicia e Doutor en Economía ​ por la Universidad de Santiago de Compostela. Tamén está previsto falar sobre a Axenda 2030 e os retos que plantexa, xa no último trimestre do ano; e sobre outros asuntos de actualidade, que se irán concretando en proximas reunións da Executiva.

Este ciclo de “Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade” desenvolverase na Casa do Pobo, a sede do PsdeG de Santiago situada na Rúa de Ramón Cabanillas, número 6.